Volver

Funcionamento da Garantía do Estado

A Garantía do Estado é un compromiso entre o Estado español e o titular do ben, sendo a institución organizadora a que formaliza o acordo entre ambas partes.

Existe un sistema combinado de seguro: a cobertura dunha cantidade inicial ata un determinado límite (franquía), que é contratada pola institución organizadora cunha compañía aseguradora privada. Por enriba dese límite, é o Estado quen asume a responsabilidade da indemnización. Os límites da franquía aparecen recollidos no Real Decreto 1680/1991.

A contía das indemnizacións que vaian outorgar, cando corresponda, o Estado, determinarase segundo as seguintes regras establecidas no Real Decreto 1680/1991:

  • Por perda, subtracción ou destrución da obra o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte aboará ao cedente desta unha cantidade igual ao valor da obra declarado na solicitude e recoñecido na Orde de outorgamento de Garantía do Estado.
  • Por dano da obra, a indemnización comprenderá:
    • O custo razoable da restauración da obra establecido de mutuo acordo entre o cedente e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou, de non chegar a tal acordo, o determinado por un perito mutuamente aceptado por ambas partes.
    • Unha cantidade igual á depreciación no valor de mercado da obra despois da restauración, establecéndose a devandita cantidade de mutuo acordo entre o cedente e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou, en caso de non existir tal acordo, o determinado por un perito aceptado por ambas partes.
    • A contía desta indemnización non poderá exceder do valor da obra declarado na solicitude e recoñecido na Orde de outorgamento de Garantía do Estado.
Subir