Servizos ao cidadàn Patrimonio Cultural
En función da intención coa que se vai realizar a exportación, distínguense tres tipos:
As dúas primeiras teñen carácter privado e son as que solicitan os particulares para o tráfico de bens culturais.
O uso máis habitual para a terceira é o traslado de bens integrantes do Patrimonio Cultural para diferentes fins, tales como:
O período máximo de estancia no exterior dos bens exportados temporalmente é de cinco anos, que pode ser renovable ata dez ou vinte anos, dependendo da categoría dos bens exportados.
A autorización de exportación definitiva e a temporal con posibilidade de venda (cando esta efectivamente se produce) de bens fóra da Unión Europea está suxeita a unha taxa establecida.
Nestes casos, a declaración do valor do ben será considerada oferta de venda irrevogable en favor da Administración do Estado, sendo o seu prezo o valor sinalado, con excepción das solicitudes de exportación dos bens cuxa importación fose realizada legalmente e declarada conforme o disposto no artigo 32 da Lei 16/1985.