Unidade de Prevención e Atención contra as Violencias Machistas no Sector Audiovisual e Cultural
Línea horizontal
Salto de línea
A Unidade de Prevención e Atención contra as Violencias Machistas no Sector Audiovisual e Cultural é un servizo de primeira atención para casos de violencias machistas que se producisen no ámbito laboral do sector audiovisual e cultural a escala estatal.
Salto de línea
Para acceder, podes solicitar unha cita chamando ao teléfono 651 684 584 no horario seguinte:
Salto de línea
Que tipo de atención se brinda?
- Información, orientación e unha primeira atención tanto psicolóxica como xurídica segundo a necesidade de cada caso.
- O servizo é profesional e gratuíto.
- Non require que haxa denuncia previa.
- É totalmente confidencial. As persoas diríxense directamente ás profesionais cualificadas e o Ministerio de Cultura e a Academia de Cine nunca accederán aos seus datos.
Salto de línea
Salto de línea
Quen e en que casos pode acceder ao servizo?
- Calquera traballadora do sector audiovisual e cultural, en calquera dos seus departamentos ou oficios, que queira información sobre o tema, que estea vivindo ou vivise unha situación de violencia sexual, ou que fose vítima de acoso ou abuso, incluídos o acoso sexual, o abuso de poder e a humillación por razón de xénero.
- Persoas que presenciasen ou coñezan unha situación de violencia machista no desenvolvemento do seu traballo dentro de sector audiovisual e cultural.
Salto de línea
Salto de línea
Quen xestiona o servizo?
- O servizo está xestionado pola Fundación ASPACIA , unha organización non-gobernamental feminista cuxos fins son previr e erradicar todas as formas de violencia de xénero contra as mulleres, en especial a violencia sexual, dende unha perspectiva feminista e cun enfoque de xénero, dereitos humanos e interseccional.
Salto de línea
Salto de línea
Que non é?
- Este servizo non é un servizo de urxencia. Caso de estares a vivir unha situación que requira intervención urxente, podes chamar ao 112 para ser atendida.
- Ademais, a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero presta o servizo telefónico de información, asesoramento xurídico e atención psicosocial inmediata por persoal especializado a todas as formas de violencia contra as mulleres a través do número telefónico de marcación abreviada 016, por WhatsApp no número 600 000 016, a través dun chat online na páxina web da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero , e por correo electrónico ao servizo 016 en liña: 016-online@igualdad.gob.es -