As liñas de actuación levadas a cabo pola Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, divídense en tres grandes grupos:
- Promoción do Libro: Salto de líneaFacendo máis doado o acceso ás bases de datos de libros e editoriais españolas de Axencia Española do ISBN, cuxa titularidade mantén, pero cuxa xestión pasou a ser exercida, dende o 23 de decembro de 2010, pola Federación de Gremios de Editores de España.
- Promoción da Lectura: Salto de líneaA través da realización de campañas de fomento e animación á lectura; do desenvolvemento de programas dirixidos a nenos e mozos para fomentar o hábito lector; das subvencións para iniciativas de fomento da lectura e das doazóns de libros e revistas a bibliotecas públicas e a outras institucións.
- Promoción das Letras Españolas: Salto de líneaPor medio da concesión dos Premios Nacionais aos autores españois máis destacados e á súa obra; da potenciación das actividades literarias en institutos e universidades; do desenvolvemento de programas para achegar os clásicos aos mozos lectores e das conmemoracións dos centenarios de grandes escritores.