Esta Dirección Xeral está integrada polas seguintes subdireccións:
- A Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e Mecenado.
- A Subdirección Xeral de Propiedade Intelectual.
- A Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas.
- A Subdirección Xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas.
- A Subdirección Xeral de Promoción Exterior da Cultura.
A Subdirección Xeral de Promoción de Industrias Culturais e de Mecenado é unha subdirección pioneira nas políticas culturais que se encarga de centralizar as medidas destinadas ao fomento das industrias culturais e creativas.
As súas funcións son as seguintes:
- O deseño das políticas de promoción das industrias culturais, así como o seu desenvolvemento, ou coordinación cando correspondan a competencias concretas do resto dos seus centros directivos ou organismos públicos do departamento.
- O deseño das políticas de acción e promoción cultural, así como o seu desenvolvemento, ou a coordinación, cando correspondan a competencias concretas do resto dos centros directivos ou organismos públicos do departamento. A colaboración con outras institucións, entidades e persoas públicas ou privadas para o desenvolvemento de programas de acción cultural conxuntos.
- O impulso da participación da sociedade nos procesos de creación, dinamización cultural e obtención de recursos a través de programas de patrocinio, voluntariado e turismo cultural, en coordinación, neste último caso, cos órganos da Administración Xeral do Estado competentes en materia de promoción turística.
- O establecemento e a xestión, se for o caso, do réxime de subvencións e axudas que non sexan competencia específica doutro órgano directivo, de acordo cos obxectivos determinados nos programas do Ministerio.
- O impulso e a coordinación das actividades de mecenado relativas ao departamento.