Servizos ao cidadán Industrias Culturais
8 e 9 de maio de 2009. Cuenca, Feira do Libro, a Lectura e as Industrias Culturais de Castela-A Mancha.
O Ministerio de Cultura, en colaboración coa Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, organiza en Cuenca o I Foro de Industrias Culturais. As sesións terán lugar durante os próximos días 8 e 9 de maio de 2009 e nelas participarán recoñecidos especialistas na materia así como responsables técnicos da xestión das industrias culturais nos seus diversos sectores. O obxectivo do Foro é debater e poñer en comunicación as experiencias que, dentro do campo da industria cultural, se viñeron desenvolvendo tanto en España coma en ámbito internacional.
O Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral de Política e Industrias Culturais, puxo en marcha o Plan de Fomento da Industria Cultural 2009, integrado por diversas medidas encamiñadas á promoción da cultura dende o punto de vista que a contempla como sector produtivo da economía. Mediante as convocatorias de axudas públicas que recolle o citado Plan, o Ministerio propón a dinamización do sector, así como a articulación de iniciativas dirixidas a paliar os efectos negativos que sobre as empresas culturais está a ter as crises financeira.
O sector das industrias culturais representa o 4% do noso PIB, emprega preto de 800.000 traballadores e xera efectos inducidos sobre outros moitos sectores da economía española, en particular, no campo das tecnoloxías da información, a comunicación, a innovación e o turismo.
Unha industria que se propón agora incluír novos sectores moi vinculados coa innovación e a creatividade, como son: as industrias de contidos dixitais de ocio e audiovisual, os novos xéneros creativos multimedia, o deseño, a moda e a arquitectura, que se suman aos sectores máis tradicionais: o cine, as artes audiovisuais, a edición de libros, as artes escénicas, a pintura, a escultura, a fotografía e a música.
Unha industria cultural constituída por unha armazón de empresas de pequeno tamaño, con escasa experiencia xerencial e con carencias de internacionalización; todo o cal acrecenta as súas dificultades á hora de obter recursos para o financiamento dos seus proxectos, debido en boa medida ao feito de que elabora e produce bens intanxibles de difícil valoración económica. Salto de línea