O Rexistro de Empresas Cinematográficas e Audiovisuais do ICAA, ten carácter de rexistro publico e nel inscríbense as empresas, con personalidade natural ou xurídica establecidas en España, que realizan actividades no sector cinematográfico nas súas diferentes especialidades. Está composto de dez seccións:
- Produción cinematográfica
- Importación/distribución
- Exhibidores
- Laboratorios
- Estudios de rodaxe e de dobraxe
- Exportación
- Medios técnicos
- Empresas de difusión e produción, importación ou distribución de obras audiovisuais para a súa comercialización non cinematográfica
A inscrición dunha empresa no rexistro de empresas que exista nunha Comunidade Autónoma, é suficiente para que se inscriba no ICAA, sen necesidade de solicitar unha nova inscrición.
Beneficios de inscribirse no Rexistro de Empresas Cinematográficas
Só as empresas inscritas no Rexistro de Empresas do ICAA poderán ter acceso a licenzas, autorizacións, certificados, axudas e subvencións do devandito Organismo.
Documentos necesarios para a inscrición no Rexistro de Empresas Cinematográficas
- No caso de persoas xurídicas, copia da escritura de constitución inscrita no Rexistro Público correspondente e certificado acreditativo dos datos persoais das persoas ás que se encomenda a xestión e administración, ou escrituras de apoderamento, a acreditación do NIF e o xustificante de pagamento do Imposto sobre Actividades Económicas, nos casos que proceda.
- No caso de persoas naturais, copia do NIF ou documento oficial acreditativo da súa personalidade.