Servizos ao cidadán Arquivos
Dirección de Contacto
Subdirección General de los Archivos Estatales
Plaza del Rey, 1 - Planta Baja
28004 - Madrid
O latín é un idioma indoeuropeo procedente do Lacio, a rexión do centro de Italia onde se atopa a cidade de Roma. A expansión militar do Imperio Romano e a aculturación das poboacións sometidas a el impuxo o seu uso nun vasto territorio do sur de Europa. Alí evolucionou, co paso dos séculos, cara ás linguas da familia “románica” ou “romance”, como son o castelán, o catalán ou valenciano, o galego, o francés, o portugués, o italiano ou o romanés, entre outras. Ademais, tanto a Igrexa católica como as elites intelectuais occidentais mantiveron o seu uso ata épocas recentes en rexistros formais, normalmente escritos, e milleiros de estudantes séguena estudando como lingua clásica.
O latín é a matriz de todas as linguas de España, salvo do eúscaro (e aínda este tomou daquela un inmenso caudal léxico). A pesar diso, ten numerosos trazos lingüísticos (declinación de palabras, tempos verbais pasivos, orde das oracións) que fan difícil a súa comprensión para quen carece dunha formación específica.
Esta lingua predomina nos documentos máis antigos dos Arquivos Estatais. En torno ao século XIII empezou a dar paso aos diferentes romances peninsulares, e dende entón o seu uso dependeu de factores diversos, como son a cultura escrita de cada territorio, a formalidade do acto ou as institucións e persoas involucradas. De maneira xeral, pode afirmarse que a Coroa de Castela e León abandonou o latín antes que a de Aragón, os diplomas solemnes fixérono antes que os ordinarios, e a documentación laica antes que a eclesiástica. Ata o século XVIII a súa utilización seguiu sendo habitual.
Aquí menciónanse algúns dos fondos ou agrupacións de fondos dos Arquivos Estatais onde poden localizarse documentos abundantes en latín.