Galego

Introdución

O galego é a lingua propia de Galicia. Ademais de neste territorio, onde é oficial xunto co castelán, tamén se fala nas zonas limítrofes con Asturias, León e Zamora, e en áreas xeográficas con ampla presenza de emigrantes galegos de Europa e Latinoamérica. Pertence á familia das linguas románicas e é o resultado da evolución do latín vulgar do noroeste da Península Ibérica, con algunhas achegas léxicas de linguas prerromanas e, posteriormente, xermánicas e árabes.

Na Idade Media, no ámbito territorial do Reino de Galicia, vaise formando paulatinamente o galego-portugués, que se considera constituído como lingua antes do século X, aínda que os primeiros testemuños escritos aparecen no século XII. Precisamente no XII a zona sur deste territorio sepárase e pasa a conformar o Reino de Portugal. Ao longo dos séculos a fronteira provoca diverxencias dialectais, de xeito que na actualidade á lingua falada ao norte denomínaselle galego e á falada ao sur denomínaselle portugués.

Con todo, durante os séculos medievais a unidade lingüística mantívose e xurdiron manifestacións literarias galego-portuguesas en prosa e en verso, onde a lírica trobadoresca, tanto sacra como profana, tivo un especial protagonismo. Pero os principais testemuños atopámolos nos documentos que reflicten actos notariais, administrativos e xudiciais. Estes son os que máis abundan nos arquivos, e nos cales dende finais do século XII o galego, que era a lingua de comunicación oral habitual de todos os estamentos, vai desprazando ao latín.

As condicións sociopolíticas baixomedievais e principalmente as da Idade Moderna provocaron un desprazamento do uso do galego en favor do castelán na comunicación formal e escrita, os chamados Séculos Escuros (XVI-XVIII), aínda que seguiu sendo maioritaria a súa utilización a nivel oral. A situación cambia a mediados do século XIX co Rexurdimento, que trae a recuperación dos usos literarios do galego. Durante o século XX, coa paréntese do franquismo, consolídase como lingua culta e formal utilizada en todos os ámbitos a nivel público.

O galego nos Arquivos Estatais

Nos Arquivos Estatais atoparémonos principalmente documentación en galego dende o século XIII e ata o século XV. Tamén a partires do século XIX poderemos localizar algúns exemplos, aínda que en menor medida.

Archivo Histórico Nacional

Neste arquivo consérvase o groso da documentación medieval en galego dos Arquivos Estatais.

  • Sección Clero Nova xanela É na que máis documentos en galego poderemos atopar. Reúne os fondos das comunidades relixiosas desamortizadas durante o século XIX, que tras un primeiro paso polas Delegacións de Facenda van ingresando no Arquivo despois da súa fundación en 1866. Engloba tanto ao clero secular (por exemplo, a catedral de Lugo Nova xanela) como ao regular, que é do que máis documentación conservamos. Podemos mencionar os mosteiros de Oseira Nova xanela, Melón Nova xanela, Montederramo Nova xanela, Armenteira Nova xanela, Oia Nova xanela, Samos Nova xanela, Poio Nova xanela, Vilanova de Dozón Nova xanela ou Celanova Nova xanela, entre outros. Estes fondos conservan documentos en latín, galego, e castelán.
  • Sección Códices e Cartularios Nova xanelaFormouse de modo artificial por necesidades de conservación. Nela consérvanse tumbos como por exemplo o de Oseira Nova xanela, o de Lourenzá Nova xanelaou o de Toxos Outos Nova xanela, que inclúen documentos en galego.

Achivo Histórico de la Nobleza

Poderemos atopar documentación en galego naqueles fondos que cronoloxicamente abarquen a Idade Media e que teñan vínculo co territorio do Reino de Galicia, por exemplo o Arquivo dos Marqueses de Mos Nova xanela

Archivo General de Simancas

Os fondos do Consello de Portugal Nova xanela inclúen documentos en portugués, interesante para coñecer a evolución do idioma ao sur da fronteira durante a Idade Moderna

Archivo Histórico de los Movimientos Sociales

Dentro do grupo de fondos do Centro de Investigación e Formación Feminista. Federación Provincial de Asociacións de Mulleres Flora Tristán Nova xanelapoderemos atopar documentación en galego na correspondencia (anos 1989, 1991, 1995 e 1996) e en transcricións de entrevistas realizadas a mulleres galegas Nueva ventana ademais de adhesivos, carteis, calendario e axendas.

Centro Documental de la Memoria Histórica

Archivo General de la Administración

Poderemos atopar documentación en galego principalmente nos expedientes de censuras, como os Expedientes de censura cinematográfica Nova xanela (por exemplo, A Tola Nova xanela), musical, literaria e teatral. Gran parte deles atópanse na documentación da Dirección Xeral de Información / Dirección Xeral de Cultura Popular Nova xanela.

Recursos para a investigación

Bibliografía xeral

  • Clarinda de Azevedo Maia, História do galego-português: estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde ou século XIII ao século XVI: (com referência à situação do galego moderno), Imprensa da Universidade de Coimbra, 2017. Dispoñible en rede Nova xanela
  • Ana Isabel Boullón Agrelo (ed.), Na nosa lyngoage galega: a emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media, Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega, Santiago de Compostela, 2007. Dispoñible en rede Nova xanela
  • Souto Cabo, José Antonio, "Documentos galego-portugueses dous séculos XII e XIII", Revista Galega de Filoloxía. Monografía 5, Área de Filoloxías Galega e Portuguesa, A Coruña, 2008. Dispoñible en rede Nova xanela

Institucións

Dicionarios

Corpus documentais

Toponimia

Subir