Servizos ao cidadán Arquivos
Dirección de Contacto
Subdirección General de los Archivos Estatales
Plaza del Rey, 1 - Planta Baja
28004 - Madrid
O español ou castelán é a lingua románica máis difundida do mundo. Con case 493 millóns de persoas, é a segunda lingua materna por número de falantes, e a terceira lingua nun cómputo global, xa que supera os 591 millóns. É tamén a terceira lingua máis utilizada na rede.
As súas orixes sitúanse no terzo norte da Península Ibérica, no reino de Castela, onde se mesturaban outros dialectos do latín, como o galego-portugués, o astur- leonés, ou o navarro-aragonés. Os seus primeiros testemuños escritos atópanse en glosas marxinais en textos latinos que foron evolucionando ata a aparición das primeiras obras extensas, como o Cantar de Mío Cid.
Durante esta época, o castelán caracterizábase pola ausencia de normas e a presenza notoria do substrato latino, pero a extensa produción literaria e cultural que se deu durante o reinado de Alfonso X deu como resultado unha fixación interna do idioma. Presenta entón unha estrutura e unhas formas que xa estaban bastante afastadas da súa lingua de orixe, aínda que é certo que durante todo o s. XIII e XIV seguen alternándose as formas modernas coas arcaicas.
Co reinado dos Reis Católicos prodúcese un auxe no desenvolvemento do panorama intelectual e cultural que comporta a proliferación de textos específicos e de consumo individual. Ademais, co nacemento da imprenta, multiplícanse as traducións dos clásicos e a súa difusión é máis extensa. Por outra banda, coa unión de ambas as coroas, a lingua de Castela expándese polo reino de Aragón, o que favorece o contacto do castelán con outras linguas. Todas estas novidades produciron o abandono definitivo do castelán medieval, coa aparición de estruturas e formas características do español actual.
No s. XVI comeza a consolidarse de forma definitiva o castelán e os cambios que comezaron a producirse na Idade Media estabilízanse. Isto débese a diversos factores, como a produción literaria, o prestixio que adquire a lingua dentro e fóra da Península e a proliferación de estudos gramaticais, entre os que destacan a Gramática y la Ortografía de Antonio Nebrija. Esta evolución prosegue no s. XVII.
No s. XVIII, prodúcense dous feitos fundamentais que supuxeron a institucionalización do idioma: a fundación da Real Academia Española (1713) e a publicación das primeiras ferramentas oficiais: o Diccionario de Autoridades (1726-1737), a Ortografía de la lengua castellana (1741) e a Gramática de la lengua castellana (1771). Por iso, este período considérase o inicio do español moderno.
Durante os séculos seguintes continúase coa política de unificación lingüística, de xeito que o castelán é o idioma de uso xeneralizado fronte ás outras linguas do país. Así mesmo, o xurdimento dos rexionalismos e nacionalismos, o devir dos acontecementos político-sociais e os avances científicos e técnicos repercuten na creación dun léxico que define as novas realidades, para o que se serve de extranxeirismos.
O castelán é a lingua predominante nos Arquivos Estatais. Con todo, podemos destacar algúns fondos que poderían resultar relevantes para o seu estudo.
Na sección Clero atópase a documentación máis antiga do arquivo, con pergameos que datan do s. IX, polo que pode ser interesante para o estudo do castelán nas súas primeiras fases de evolución.
Ademais, outros fondos do arquivo conteñen documentación sobre personaxes que resultan de especial importancia para a historia da lingua e a literatura Lope de Vega , Calderón de la Barca
, Gustavo Adolfo Bécquer
, Pío Baroja
, etc.
Así mesmo, dentro dos fondos privados que se custodian neste arquivo, está a documentación de Eduardo Zamacois , Jacinto Benavente
, Juan Ramón Jiménez
ou José Echegaray
.
Dende o punto de vista evolutivo, podemos atopar testemuños das diferentes fases do castelán, xa que o groso da documentación que contén abarca dende o s. XV ata o s. XIX, aínda que tamén hai documentos anteriores e posteriores.
Ademais, o Archivo General de Simancas tamén contén documentación sobre personaxes que resultan de especial importancia para a historia da lingua e a literatura: Antonio de Nebrija , Cervantes
, Santa Teresa de Jesús
, Quevedo, Frei Luís de León
, Arias Montano, etc. Así como licenzas de impresións
.
Por outra banda, dende o punto de vista sociolingüístico, poderían resultar interesantes certos fondos do arquivo, onde se mestura a correspondencia producida polos altos estratos da sociedade cos memoriais
enviados polas clases baixas.
Neste arquivo podemos atopar expedientes de censura editorial e documentación, así como documentación relacionada con personaxes relevantes para a lingua e a literatura españolas, como Lorca
.
Este arquivo contén documentación sobre escritores e xornalistas (como Miguel de Unamuno ), así como expedientes de censura
editorial.