Servizos ao cidadán Arquivos
Dirección de Contacto
Subdirección General de los Archivos Estatales
Plaza del Rey, 1 - Planta Baja
28004 - Madrid
A Subdirección Xeral dos Arquivos Estatais marcouse como unha liña estratéxica visibilizar o patrimonio documental multilingüe que se conserva nos seus centros de arquivo.
O patrimonio documental que se custodia nos arquivos é o produto escrito dun uso lingüístico que evolucionou no tempo. Algunhas destas linguas correspóndense con aquelas que na actualidade poden clasificarse como oficiais, cooficiais ou ben minoritarias. Esta clasificación é un traslado do recollido pola Constitución Española , que no seu artigo 3 estabelece:
Por tanto e en consecuencia, entendendo que a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que debe ser obxecto de especial respecto e protección, e co obxecto de facilitar o acceso á riqueza lingüística dos fondos documentais dos Arquivos Estatais, nesta páxina web recóllense diversos fondos e series especialmente paradigmáticos. O propósito é incrementar e actualizar esta información de xeito periódico.