Servizos ao cidadán Arquivos
Dirección de Contacto
Subdirección General de los Archivos Estatales
Plaza del Rey, 1 - Planta Baja
28004 - Madrid
Os arquivos son o reflexo documental das sociedades. Por iso tamén nos mostran os seus xeitos de expresarse. Evidentemente, hai que ter presente que a linguaxe oral e a linguaxe escrita difiren no seu grao de coidado e formalidade (aínda que podemos atoparnos mostras de linguaxe oral, por exemplo, en procesos xudiciais).
Os idiomas tamén cambian en función da súa utilización a nivel oral ou a nivel escrito. Así, o latín úsase para a redacción dos documentos ata o século XIII (e máis aló, en ámbitos eclesiásticos), cando a poboación xa utilizaba as linguas romances a nivel oral.
A partires desas datas, nos arquivos atoparemos documentos en galego, catalán, aragonés ou castelán, e noutras linguas peninsulares. Pero non só, senón que coas conquistas territoriais das Coroas de Aragón e Castela e o desenvolvemento da diplomática a partires da Idade Moderna tamén temos documentos en francés, inglés, italiano, portugués, sardo, e un longo etcétera. A todo iso, débeselle engadir por cuestións históricas documentos en árabe e hebreo.
Os Arquivos Estatais albergan entre os seus fondos toda esta riqueza lingüística, a disposición dos usuarios para a súa consulta.