Ud está aquí:
  1. Inicio
  2. Cultura
  3. Arquivos
  4. Diversidade lingüística
  5. Metodoloxía de busca

Metodoloxía de busca

PARES Nueva ventana permite buscar documentos segundo o criterio da lingua na que estean escritos.

Este tipo de indagacións baséanse no campo “Lingua e escritura” que se debe completar nas descricións das entidades documentais. En cambio, ese campo non sempre se ten cumprimentado, polo que as buscas que se explican a continuación só recuperarán aquelas entidades documentais nas que conste a lingua.

Hai varios métodos para atopar documentación nun idioma en PARES.

Filtrado dos resultados dunha busca

A presentación dos resultados de calquera busca en PARES inclúe unha columna titulada “Filtrar por”, situada na marxe dereita. Permite restrinxir os resultados a aquelas entidades documentais que cumpran certos criterios. Entre outros, pódese filtrar pola lingua na que están escritos, para o cal chega con ir ao apartado “Lingua” e facer clic sobre o nome do idioma.

Busca avanzada

A Busca Avanzada Nueva ventana permite lanzar buscas que inclúan o criterio da lingua. Para isto, débese utilizar o campo “Lingua” dentro do apartado “Filtrar por lingua e escritura”.

Ao pulsar no botón indicado, despregarase unha listaxe de linguas e, para seleccionar unha delas, será suficiente con facer clic sobre o seu nome (“Galego” neste caso):

A lingua elixida aparecerá debaixo como se indica na imaxe:

Os resultados que se recuperen desa busca estarán restrinxidos a entidades documentais escritas en lingua galega.

A Busca Avanzada Nueva ventana de PARES permite seleccionar simultaneamente varias linguas. Nese caso, recuperaranse resultados en calquera das linguas elixidas.

Débese advertir que, para lanzar con éxito unha busca avanzada en PARES, débense cumprimentar algún dos campos que hai dentro dos apartados “Buscar por palabras” e “Filtrar por sinatura”. De non ser así, o resultado será unha mensaxe de erro.

Busca avanzada para recuperar todos os documentos nunha lingua

A Busca Avanzada Nueva ventana permite localizar todos os documentos escritos nun idioma nalgún dos Arquivos Estatais, sen necesidade de coñecer o seu título, sinatura nin ningún outro dato. Para isto, débese combinar a busca explicada no punto anterior co recurso dun carácter comodín.

Débese cumprimentar o campo “Lingua”, tal e como se describiu no método previo. Neste caso, seleccionáronse “Grego” e “Armenio”:

Ademais, débense cubrir outros dous campos do formulario de busca. En primeiro lugar, débese seleccionar un ou varios Arquivos Estatais mediante o campo “Filtrar por Arquivo” (neste caso, seleccionouse o Arquivo Xeral de Simancas):

Por último, débese poñer o carácter do porcentaxe (%) no campo “Filtrar por Sinatura”:

A busca recuperará todos os documentos escritos en grego e en armenio no Arquivo Xeral de Simancas.

Débese advertir que PARES ten un límite de recuperación de resultados, de forma que se hai demasiadas entidades documentais que cumpran os criterios seleccionados aparecerá unha mensaxe de erro. Por exemplo, se buscamos documentos en Catalán/Valenciano no Arquivo da Coroa de Aragón, ou en Español en todos os Arquivos Estatais, apareceranos o seguinte aviso:

Subir