Nesta páxina recóllense diferentes iniciativas impulsadas polo Consello Xacobeo ou polas administracións que o compoñen en relación con programas de promoción, protección e conservación do Camiño de Santiago.
Facilítase a ligazón á páxina web do Instituto Xeográfico Nacional na que se ofrecen interesantes produtos cartográficos do Camiño de Santiago compatibles con dispositivos GPS e con información temática de utilidade para os peregrinos.
Así mesmo, pódese consultar o Manual do sistema de sinalización turística homologada nas estradas estatais (SISTHO), froito do traballo do Ministerio de Fomento e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
O Consello Xacobeo acordou, na súa reunión plenaria do 9 de abril de 2018, unhas novas Directrices sobre sinalización no Camiño de Santiago, que actualizan o documento de recomendacións aprobado polo Consello Xacobeo en 2010.
A sinalización do Camiño de Santiago é unha das principais preocupacións do Consello Xacobeo, como demostran as numerosas reunións mantidas dende a súa creación para tratar este asunto. A aprobación das novas directrices nace coa vontade de clarificar e axudar ás Administracións responsables da sinalización do Camiño de Santiago.
Ademais, o Consello Xacobeo elaborou, en colaboración coa Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, un cartel que, dun xeito moi visual, recolle o esencial das novas directrices para axudar aos peregrinos a recoñecer a sinalización oficial.
O cartel, realizado pola ilustradora Cinta Arribas, está dispoñible de balde en castelán, inglés e francés nos seguintes formatos:
Otros recursos de interés para la señalización del Camino de Santiago