O Consello Xacobeo é consciente da importancia da educación patrimonial como estratexia para a conservación preventiva dun ben cultural tan complexo e rico como é o Camiño de Santiago. Por iso, quérese facilitar o traballo nas aulas ofrecendo o acceso a recursos sobre o patrimonio cultural, material e inmaterial do Camiño de Santiago que contribúen a transmitir o seu valor cultural e a importancia da súa protección e conservación.
Sophie en el Camino (Sophie no Camiño) é unha publicación dixital interactiva para alumnos de segundo e terceiro ciclo de educación primaria, elaborada pola Secretaría do Consello Xacobeo (Ministerio de Cultura e Deportes) e OQO Editora, coa colaboración da Xunta de Galicia, Goberno da Rioxa, Goberno de Aragón, Goberno de Navarra e a Xunta de Castela e León. A súa finalidade é dar a coñecer, na comunidade escolar, o Camiño de Santiago e concienciar os alumnos da gran riqueza patrimonial, ecolóxica e cultural que este supón. Vai acompañado dun caderno para docentes con información sobre cada etapa e de propostas de actividades para realizar na aula. Sophie en el Camino (Sophie no Camiño) tamén ten unha versión en galego, realizada pola Xunta de Galicia e OQO Editora.
O Cuaderno de Fabio conta as experiencias de Fabio, que é outro peregrino que entra no Camiño por Roncesvalles se une a Sophie na cuarta etapa e continúa con ela ata Santiago de Compostela.
Este recurso didáctico tamén se encontra dispoñible no portal EducaLAB deste ministerio.

Co obxectivo de fomentar o coñecemento do patrimonio cultural relacionado co Camiño de Santiago entre a xuventude, de 12 a 16 anos, e motivar neles unha reflexión sobre a importancia da súa conservación, o Consello Xacobeo levou a cabo este proxecto entre 2017 e 2018, co que convidaba os centros educativos e o alumnado participante a desenvolver traballos de creación artística (cómic, fotografía ou vídeo) que plasmasen o patrimonio cultural asociado ao Camiño na súa contorna.
Os proxectos creativos resultantes estiveron expostos na sede do Centro Obra Social ABANCA en Santiago de Compostela, do 15 de xuño ao 15 de setembro de 2018.
Nas seguintes ligazóns, pódense consultar as fichas didácticas que se elaboraron como material de apoio aos docentes para que traballen co alumnado en diferentes disciplinas dende as que abordar o coñecemento do Camiño de Santiago:
Esta unidade didáctica, creada por Ana Belén Mallor e Iñaki Garate, do colexio Compañía de María de Zaragoza, consiste nun xogo deseñado para alumnos de 2º da ESO sobre os aspectos culturais, sociais e artísticos do Camiño de Santiago, e fomenta a creatividade e a integración de todos os alumnos no proceso a través do xogo.