Palma de Mallorca, 1956
Dende 1980 publica historietas e ilustracións. Colabora con La Vanguardia e en diversas revistas de cómic e publicacións infantís e xuvenís. En 1991, recibiu o premio Salón do Cómic de Barcelona polo álbum Mi cabeza bajo el mar, da editorial Complot. Ilustrou contos tradicionais e traballou intensamente para a difusión entre os cativos e a xuventude da cultura e a conciencia medioambiental.
Visita a web de Pere Joan
Porque sabemos que o Camiño de Santiago é moito máis que o propio camiño, nesta sección podes conseguir as suxestivas imaxes que os artistas crearon para a ocasión, as historietas e os carteis xacobeos.