Raquel Lagartos. Oviedo, 1982
Ilustradora e debuxante de historietas, traballou en proxectos para as editoriais Alrevés e Anaya. Expuxo os seus traballos no festival de cine de Sitges, o Festival de Cine Fantástico de Bilbao, a Semana Negra de Xixón e o Instituto Aragonés de Arte e Cultura Contemporánea. Forma parte do grupo de ilustradoras seleccionadas para a residencia artística en Angoulême (Francia), dentro do proxecto europeo de cooperación internacional Wom@rts.
Julio César Iglesias. Oviedo, 1982
Historiador de formación e guionista de cómics profesional. Xunto con Raquel Lagartos publicou dúas novelas gráficas, Mary Shelley: la muerte del monstruo, a súa primeira obra como guionista, e La hierba del estío, ambas as dúas en Diábolo Ediciones. Tamén participaron xuntos na obra colectiva Frankenstein resuturado, de Ediciones Alrevés, e no conto Al final del paraíso.
Consulta a web de Raquel Lagartos
Porque sabemos que o Camiño de Santiago é moito máis que o propio camiño, nesta sección podes conseguir as suxestivas imaxes que os artistas crearon para a ocasión, e as historietas xacobeas.