Lleida, 1955 - Barcelona, 2022
Ilustrador habitual de La Vanguardia, The New Yorker e El País. Gañou tres premios no Salón Internacional do Cómic de Barcelona —o último deles, o Gran Premio do Salón, concedido en recoñecemento a toda a súa traxectoria— e un Serra d’Or. É un dos creadores de Makoki e outros personaxes, como Perico Carambola e Perro Nick. Publicou Un largo silencio, novela gráfica sobre a guerra civil. O seu libro María y yo foi traducido a dez idiomas e fíxolle gañar o Premio Nacional do Cómic de Cataluña.
Visita a web de Miguel Gallardo
Porque sabemos que o Camiño de Santiago é moito máis que o propio camiño, nesta sección podes conseguir as suxestivas imaxes que o artista fixo para a ocasión.