Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Consello Xacobeo
  3. Comisión Executiva

Comisión Executiva

Regulada mediante Real decreto 1431/2009, do 11 de setembro, polo que se reorganiza o Consello Xacobeo .

Funcións da Comisión Executiva

A Comisión Executiva é o órgano de apoio do Pleno e desenvolve, baixo a súa supervisión, as seguintes actuacións:

  • Impulsar a cooperación entre as diversas institucións e comunidades autónomas para a realización dos traballos necesarios que permitan ao Pleno do Consello Xacobeo o cumprimento das súas funcións.
  • Aplicar e levar un seguimento dos acordos que se tomen no Pleno do Consello Xacobeo.
  • Concertar as actuacións que desenvolvan as distintas administracións nos campos da protección, regularización e sinalización do Camiño.
  • Coordinar a información conxunta que se recade sobre o estado de conservación do Camiño de Santiago.
  • Impulsar a dinamización cultural do Camiño, ofrecendo servizos e actividades especialmente dirixidos os peregrinos ou aquelas persoas que estean interesadas en coñecer o Camiño en profundidade.
  • Promover a realización de estudos detallados dos recursos públicos e privados investidos no Camiño, dos recursos humanos destinados á súa xestión e da súa valoración como instrumento de desenvolvemento económico de artellamento territorial.
  • Resolver as cuestións de carácter urxente que esixan unha decisión inmediata das que se dará información no primeiro Pleno do Consello Xacobeo que se realice.
  • Calquera outra función que o Pleno do Consello Xacobeo lle delegue.

Composición da Comisión Executiva

Está composta polos seguintes membros:

  • Presidente: Titular da Dirección Xeral de Industrias Culturais e Cooperación do Ministerio de Cultura e Deporte.
  • Secretario: Titular da Subdirección Xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas. Dirección Xeral de Industrias Culturais e Cooperación do Ministerio de Cultura e Deporte..

Vogais: un representante con rango de director xeral designado por cada un dos vogais do Pleno.

Vogais das comunidades autónomas:

  • Titular da Dirección de Patrimonio Cultural do Departamento de Cultura e Política Lingüística da Comunidade Autónoma do País Vasco.

  • Titular da Dirección Xeral de Turismo do Departamento de Empresa e Coñecemento da Comunidade Autónoma de Cataluña.

  • Titular da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Titular da Dirección Xeral de Cultura e Patrimonio da Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias.

  • Titular da Dirección Xeral de Acción Cultural da Consellería de Universidades, Igualdade, Cultura e Deporte da Comunidade Autónoma de Cantabria.

  • Titular da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Educación e Cultura da Comunidade Autónoma da Rioxa.

  • Titular da Secretaria Xeral do Departamento de Educación, Cultura e Deporte da Comunidade Autónoma de Aragón.
  • Titular da Dirección Xeral de Cultura, Institución Príncipe de Viana do Departamento de Cultura e Deporte da Comunidade Foral de Navarra.

  • Titular da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo da Comunidade Autónoma de Castela e León.

Vogais da Administración Xeral do Estado:

  • Titular da Dirección de Relacións Culturais e Científicas. Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.

  • Titular da Inspección Xeral do Ministerio de Facenda.

  • Titular da Dirección Xeral de Organización e Inspección do Ministerio de Fomento.

  • Titular da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

  • Titular da Dirección Xeral do Instituto de Turismo de España (TURESPAÑA) do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

  • Titular da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local do Ministerio de Política Territorial e Función Pública.

  • Titular do Gabinete Técnico da Subsecretaría do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

  • Titular da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Cultura e Deporte.

  • Titular da Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte.

  • Titular da Dirección Xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Cultura e Deporte.

Subir