Percorrido do Camiño Primitivo

Mapa recorrido Camino Primitivo

A ruta actual reproduce o itinerario realizado polo monarca asturiano Afonso II. Parte da cidade de Oviedo, sede da corte asturiana no seu tempo, en dirección oeste atravesando os territorios de Grado, Salas, Tineo, Allande e Grandas de Salime. A partir de aquí, tras vencer o coñecido Alto do Acebo, o camiño entra en terras galegas pola comarca da Fonsagrada: alí inicia un suave descenso que atravesa a histórica cidade de Lugo e Palas de Rei, onde a só tres xornadas de Compostela entronca co Camiño Francés.

Este Camiño é unha vía interior de singular beleza e excepcional riqueza patrimonial, que combina arquitectura popular tradicional asturiana e galega con conxuntos monumentais da importancia das catedrais ovetense, lucense e compostelá, mosteiros como os de Cornellana e Obona ou a muralla romana de Lugo.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar