O Camiño da Costa inicia o seu percorrido en Irún, cruzando o Bidasoa e pasando por portos tan importantes como Hondarribia, Donosti, Zarautz e Zumaia. Continúa abeirando toda a costa cántabra a través de vilas como Castro Urdiales, Laredo, Santoña, Noja, Santander, Santillana del Mar ou San Vicente de la Barquera. Na ría de Tina Mayor, comeza o tramo asturiano, que pasa por cidades como Llanes, Ribadesella, Xixón, Avilés ou Vegadeo, e son varios os enlaces existentes con Oviedo. Unha vez na capital asturiana, o peregrino segue cara a Ribadeo. Na ría do Eo, que delimita a fronteira entre Asturias e Galicia, sucédense as cidades de Ribadeo, Lugo, Vilanova de Lourenzá, Mondoñedo e Vilalba, ata chegar a Arzúa, onde o camiño se encontra coa ruta do Camiño Francés, moi preto de Santiago de Compostela.
A consolidación desta ruta de peregrinación supuxo o xurdimento de grandes establecementos relixiosos, como as catedrais de Bilbao e de Mondoñedo, así como mosteiros nos que sempre había un lugar para acoller o peregrino, como Sobrado dos Monxes e as colexiatas de Ziortza e Santillana del Mar.