O Camiño Catalano-Aragonés parte de Sant Pere de Rodes e transcorre polas localidades de Montserrat, Lleida e Zaragoza ata chegar a Logroño, onde se une ao Camiño Francés.
Este Camiño aproveita os trazados romanos pola seguridade de tránsito que ofrecían debido á solidez das súas construcións e o coidado no seu mantemento. Non hai que esquecer que estas rutas foron transitadas tamén por comerciantes, viaxeiros e mesmo embaixadores, e que conducían aos portos e as cidades máis importantes do Mediterráneo.