Columna derecha
Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Anos Santos Xacobeos
  3. Ano Santo Xacobeo 1999
  4. Programas e actividades

Programas e actividades

A continuación menciónanse as principais actividades que se levaron a cabo:

O Camiño: senda de peregrinación

Habilitáronse 170 km de sendas peonís nos tramos que coincidían coas estradas da Rede do Estado, creáronse 12 áreas de descanso e 15 pasarelas nas zonas de difícil acceso e instaláronse miradoiros e zonas verdes.

Colocáronse paneis informativos e sinais por todas as rutas, que contribuíron a facer o traxecto máis agradable, cómodo e seguro.

Os albergues e aloxamentos do Camiño

O Consello Xacobeo traballou na ampliación da xa numerosa rede de albergues existente e na instalación temporal de campamentos de apoio, para dar cobertura ao grande incremento de peregrinos que se produciu durante este ano santo.

Grazas á axuda das Forzas Armadas do Estado, creáronse campamentos temporais en diversos puntos do Camiño, como o do Polígono de Tiro de Bando en Santiago de Compostela, cunha capacidade para 30.000 peregrinos, ou o campamento de Roncesvalles en Navarra, para uns 800 peregrinos.

Paradores Nacionais tamén participou nesta iniciativa turística e de acollida ao peregrino, mediante a mellora e adaptación das instalacións dos paradores polos que transcorre o Camiño.

A promoción do Camiño

Dende o Consello Xacobeo impulsouse esta labor de promoción do Camiño mediante a organización de actividades científicas onde se expuxeron e debateron os aspectos artísticos, históricos, culturais e sociais que se foron integrando ao longo dos séculos. Tamén se contribuíu á difusión do Camiño mediante publicacións científicas e divulgativas, e exposicións.

Destacan as seguintes actividades:

  • Cursos “O Camiño de Santiago: Mil Anos de Historia en Expansión” e “O Camiño de Santiago: Historia e Cultura”, que tiveron lugar no Palacio da Magdalena, en Santander, grazas á colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
  • IV Xornadas de Voluntariado Cultural, en Santiago de Compostela.
  • IV Congreso Internacional de Estudos Xacobeos. Realizado en Oviedo coa colaboración da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias.
Cerrar
Subir