Columna derecha
Ud está aquí:
  1. Presentación
  2. Anos Santos Xacobeos

Anos Santos Xacobeos

O Consello Xacobeo exerce durante os Anos Xacobeos un singular protagonismo tanto na organización da celebración, dende o punto de vista cultural, como pola súa competencia para certificar a adecuación aos plans e programas do acontecemento dos gastos realizados polas empresas colaboradoras, para os efectos da aplicación de beneficios fiscais.

Os Anos Santos Xacobeos son a mellor ocasión para rememorar con maior énfase as rutas milenarias que levan a Santiago e ademais potencian a chamada permanente do Camiño polos peregrinos.

O Ano Xacobeo é aquel no que o 25 de xullo, día da festividade do Apóstolo Santiago, coincide en domingo. Isto ocorre cada 11, 6, 5, 6 e de novo 11 anos. Neses anos, a igrexa outorga a indulxencia plenaria aos peregrinos que fan o Camiño.

Con motivo dos Anos Santos, o Consello Xacobeo ofrece un programa conxunto de actividades dirixidas a celebrar este acontecemento e a mellorar a acollida de visitantes e peregrinos no Camiño de Santiago. Igualmente, dende o Consello xestiónanse os beneficios fiscais derivados da declaración destes Anos Santos Xacobeos como acontecemento de especial interese público.

Neste apartado recóllese información relativa ás accións levadas a cabo nos últimos Anos Xacobeos, celebrados en 2010, 2004 e 1999.

Subir

Esta web utiliza cookies propias para facilitar la navegación y cookies de terceros para obtener estadísticas de uso y satisfacción.

Puede obtener más información en el apartado "Cookies" de nuestro aviso legal.

AceptarRechazar